A Garda Civil pide colaboración para a procura do veciño de Teo desaparecido desde o 29 de marzo

08 Abril 2023

A Garda Civil solicitou a colaboración cidadá para localizar a Óscar García Lema, o veciño de Teo desaparecido desde o pasado 29 de marzo en Cepeda, en Cacheiras, no citado municipio coruñés.

A Comandancia da Coruña fixo un chamamento para participar na procura do home. Así, todas aquelas persoas que desexen unirse ao dispositivo deben chamar por teléfono ao Posto da Garda Civil de Milladoiro 981536405 “para unirse de forma coordinada e xestionar da mellor forma os recursos humanos e técnicos”.

Tamén informa que haberá dúas quendas: un de mañá, de 10,30 a 13,30 horas e outro de 16,30 a 19,30 horas. O punto de partida será a capela de Santa Eufemia en Cepeda, Teo (A Coruña).

O dispositivo de procura xa está activo polo que a xente que se some a partir de agora incorporarase aos grupos deste domingo e resto de días ata que cese a procura, precisaron desde a Benemérita.

Nestes momentos, está a participar persoal de Garda Civil, Policía Local, Protección Civil, Axega 112, voluntarios e medios técnicos de helicóptero, dron, servizo cinológico, entre outros.

Outros artigos

Este xoves 1 será unha xornada máis solleira e con vento do nordés

Comeza outubro baixo o dominio das altas presións, o que propiciará unha xornada de progresiva estabilización meteorolóxica e ausencia xeral de precipitacións. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en diversos puntos do interior. Co avance da mañá esa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.