Arredor de 700 profesionais do marisqueo da ría de Arousa poderán beneficiarse das axudas pola parada biolóxica nos bancos dos Lombos, Bohído e Cabío

05 Abril 2023

O Diario Oficial de Galicia –DOG– publicará nos vindeiros días a orde de axudas destinadas a compensar ás persoas armadoras e tripulantes das embarcacións afectadas pola veda temporal nos bancos marisqueiros dos Lombos do Ulla, Bohído e Cabío, na ría de Arousa. Poderán optar a estes apoios uns 700 profesionais de arredor de 420 embarcacións marisqueiras e a eles a Consellería do Mar destina arredor de 4 millóns de euros cofinanciados co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP).

Estas achegas foron analizadas hoxe no Consello da Xunta e o Goberno galego pon a disposición do sector afectado pola paralización temporal da actividade nestes bancos, unha decisión adoptada como medida técnica de conservación. O período da parada foi debatido coas confrarías de pescadores implicadas e quedou establecido desde o 1 de febreiro ata ao 30 de abril de 2023 co obxectivo de que a maior parte dos potenciais beneficiarios poidan acollerse a ela.

A axuda darase por 61 días hábiles dese período e dela poderán beneficiarse as persoas armadoras e tripulantes das embarcacións da 3ª lista -de pesca profesional- con porto base en Galicia afectadas pola paralización da actividade e que realizasen extracción cando menos 120 días entre os anos 2021 e 2022.

As persoas interesadas en cursar as solicitudes poderán consultar os requisitos e a documentación necesaria na orde que publicará o DOG nos vindeiros días. O prazo para presentalas será dun mes contado desde o día seguinte á súa publicación.

A posibilidade de habilitar estas axudas á paralización temporal para aplicar medidas de conservación como os períodos de descanso biolóxicos dos recursos aparece recollida no regulamento do FEMP. Realízase para favorecer as condicións de vida e traballo das persoas que se dedican a esta actividade e para impulsar o desenvolvemento da actividade de xeito sustentable.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.