O Concello de Ribeira somete a información pública a nova ordenanza de puntos de carga de vehículos eléctricos

04 Abril 2023

O Pleno da Corporación de Ribeira, na sesión ordinaria celebrada o día 27 de marzo de 2023, aprobou de xeito provisional a ordenanza fiscal da taxa pola utilización privativa do dominio público local para a instalación de puntos de carga de vehículos eléctricos, segundo a seguinte redacción:

Artigo 1º. Fundamento e natureza

1. En exercicio da potestade tributaria outorgada, con carácter xeral, polo artigo 133.2 y 142 da Constitución e 106.1 da Lei 7/1985, de 2 de abril, de Bases de Réxime Local, e a que en particular concede, respecto as taxas, o artigo 57 do TR 2/2004 da Lei 39/1988, de 28 de decembro, Reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a taxa pola utilización privativa do dominio público local para a instalación de puntos de carga de vehículos eléctricos, que rexerase pola presente Ordenanza Fiscal, cuxas normas se axustan ás disposicións contidas nos artigos 20 a 27 TR 2/2004.

Artigo 2º. Feito impoñíbel

1. De conformidade co previsto no Art. 20.1 A) do TR 2/2004 da lei reguladora das Facendas Locais constitúe o feito impoñíbel desta taxa a utilización privativa do dominio público local para a instalación de puntos de carga de vehículos eléctricos para a súa explotación comercial.

Artigo 3º. Suxeitos pasivos

1. Son suxeitos pasivos, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas así como as entidades as que se refire o Art. 33 da Lei Xeral Tributaria, que desfruten, utilicen ou aproveiten especialmente o dominio público local en beneficio particular para a súa explotación comercial.

Artigo 4º. Devindicación e período impositivo

1. A devindicación da taxa producirase cando se inicie o uso privativo, producíndose o 1 de xaneiro de cada ano para aqueles aproveitamentos de duración superior á unha anualidade.

2. O período impositivo comprenderá o ano natural, salvo nos supostos de inicio ou cese na utilización privativa en cuxo caso o período impositivo axustarase a esa circunstancia.

Artigo 5º. Base impoñíbel e cota tributaria

1. De conformidade co previsto no artigo 24.1 a) TR 2/2004 da lei reguladora das bases de réxime local, a base impoñíbel da taxa estará composta polo importe bruto anual de todos os ingresos percibidos pola explotación das instalacións, tanto os provenientes dos usuarios que utilicen o servizo de carga para os seus vehículos, como os obtidos por servizos accesorios (publicidade, etc.), excluídos impostos indirectos deducíbeis (IVE) así como aquelas partidas ou cantidades cobradas por conta de terceiros que non constitúan un ingreso propio da empresa.

2. A cota tributaria será o resultado de aplicar á base impoñíbel o tipo de gravame do 0,75 %.

3. No caso de concorrencia competitiva para a concesión do aproveitamento do dominio público, o tipo de gravame indicado na presente ordenanza terá a consideración de tarifa base para ser obxecto de mellora polos licitadores.

Artigo 6. Réxime de xestión

1. A taxa esixiranse en réxime de autoliquidación, que deberá practicarse e ingresarse polos suxeitos pasivos antes do 31 de xaneiro do período impositivo seguinte ao que corresponda.

2. Xunto coa autoliquidación, deberá presentarse una memoria xustificativa do importe da base impoñíbel que deberá conter coma mínimo:

-Relación de enerxía medida en kw/h subministrada no período en cada instalación, desglosada por meses naturais, acompañado de informe da distribuidora para o punto de subministro (CUPS).

-Xustificación de la base empregada para o cálculo da taxa, para o cal se presentará informe no que se desglose o número de cargas efectuadas polos usuarios, os kw/h subministrados, o prezo unitario da enerxía facturada aos usuarios e o importe total.

-Relación de outros ingresos accesorios da explotación, de existir.

-Os suxeitos pasivos estarán obrigados a presentar a autoliquidación e os datos xustificativos para o cálculo da cota tributaria de xeito telemático, utilizando os modelos e formularios previstos na Sede Electrónica municipal para tal efecto. A utilización de calquera outro medio dará lugar a que a documentación non se terá por presentada, coas consecuencias previstas na lexislación tributaria.

-As normas previstas neste artigo terán carácter supletorio respecto as previsións establecidas nos pregos que rexan os procesos de concorrencia competitiva para a concesión do aproveitamento do dominio público.

Artigo 7. Infraccións e sancións

Estarase ao disposto sobre a materia na Lei Xeral Tributaria e disposicións de desenrolo na materia.

Con tal motivo ábrese un período de información pública de 30 días, que comezará a computar tras o anuncio no BOP de A Coruña e nun diario dos de maior difusión da provincia.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...