A III Xuntanza de Maiores do Concello de Lousame reuniu a 276 participantes, mediocento máis ca na edición anterior

03 Abril 2023

Un total de 276 veciños e veciñas, maiores de sesenta anos, déronse cita na II Xuntanza de Maiores do Concello de Lousame, que tivo lugar este sábado 1 de abril no restaurante O Trapeiro. Un encontro que estivo presidido pola alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, e o director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado Puente, acompañados pola concelleira de Servizos Sociais, Silvia Agrafojo, e o concelleiro de Relacións Veciñais, José Antonio Ces.
Villaverde Pais celebrou a recuperación de “puntos de encontro para todos e todas”, sobre todo “despois duns tempos nos que non nos puidemos reunir e perdemos un pouco o contacto”. Así mesmo, explicou que este ano non se farían as tradicionais homenaxes a persoas concretas, senón que “hoxe é un día para homenaxear a todos os maiores de Lousame”, a quen se dedicou un emotivo vídeo antes do almorzo. Pola súa banda, Arturo Parrado, quen agradeceu o convite a “un acto de homenaxe, de reunión e día de festa para os maiores de Lousame”.
O xantar estivo composto por empanada de berberechos, gambas cocidas, peixe á galega e carne asada. Ao rematar, o Concello de Lousame agasallou a todas as persoas presentes cunha pequena botella de licor de Berrimes. A festa rematou ben entrada a tarde cun baile moi animado da man do Dúo Togayan e DJ Iaris.

Outros artigos

O Culturgal Expandido recala en Muros entre o 16 e o 18 de outubro

Artur Puga O Mercado Municipal de Muros acollerá entre o 16 e o 18 de outubro (de venres a domingo) a edición 2026 do Culturgal Expandido, coa colaboración da Deputación da Coruña e o Concello de Muros. O programa inclúe actividades para todas as idades e a presenza...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.