Rianxo pon punto os seus areais e libéraos de residuos plásticos e outros

30 Marzo 2023

A brigada de obras do Concello de Rianxo vén de levar a cabo estes días a que sería a primeira posta a punto dos areais do termo municipal logo dos intensos temporais sufridos este inverno polo litoral rianxeiro. Como vén sendo tradicional, esta actuación realízase antes da Semana Santa para que a veciñanza acceda a estes espazos. Procúrase na limpeza separar tamén os residuos plásticos dos orgánicos. Tanxil, Quenxo, A Torre, O Pazo, Porto de Taragoña e As Cunchas son as praias nas que interveu nesta primeira serie de traballos a brigada municipal de obras.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.