O PSdeG refrenda o seu compromiso para crear en Rianxo un centro integral dirixido a persoas maiores

29 Marzo 2023

O secretario de organización do PSdeG, José Manuel Lage, acudiu a Rianxo para reunirse co candidato socialista á alcaldía, Óscar Rial, e analizar os proxectos de protección social que se propón impulsar cando acade o bastón de mando. Entre eles figura o compromiso para crear un centro integral para maiores, que foi refrendado polo PSdeG.
No encontro mantido en Rianxo, o xefe do aparato socialista brindou o respaldo do PSdeG ao proxecto “ambicioso” de crear un espazo para que as persoas maiores onde “poidan convivir e ser atendidos como merecen”. que se ven demandando na vila dende o ano 2017.
Este proxecto impulsado polo socialista constará dunha parte residencial, outra de ámbito terapéutico e unha terceira destinada ao uso social para que estas persoas “poidan realizar as súas actividades e reunirse coas súas familias”.
Tamén expuxo o plan de desenvolvemento dun programa de “aprendizaxe e servizo para unha integración interxeracional” que se levará a cabo neste centro. Por todo isto, Rial reivindicou como un día importante para Rianxo ao concretarse proxectos reclamados dende hai tanto tempo.
Pola súa banda, José Manuel Lage reiterou o compromiso do PSdeG e da Deputación da Coruña da que forma parte para impulsar este proxecto que segue as “señas de identidade socialistas” que son “a protección social e a preocupación polas persoas maiores”.
Lage asegura que os rianxeiros e rianxeiras van a facer a Óscar Rial o futuro alcalde da vila. Xa que grazas ao seu traballo e “ao seu magnífico equipo”, o candidato socialista vai da man de proxectos como este que son moi necesarios na vila.
Falando con distintas persoas que reclamaban esta infraestrutura, o secretario de organización do PSdeG reiterou o seu convencemento de que “Óscar é un magnífico candidato e será un magnífico alcalde.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.