Boiro realiza obras de pavimentación nun camiño de acceso ao CEIP de Escarabote

28 Marzo 2023

O Concello de Boiro inicia a execución de obras para o arranxo dun camiño en Escarabote. As actuacións forman parte do Proxecto para o arranxo de camiños na Arribada, en Cespón, e no acceso ao CEIP de Escarabote, dun importe de 30.434,17 euros financiados mediante fondos propios do remanente
de tesourería.
As actuacións que se están a executar pretenden a renovación dun camiño que serve de paso entre a estrada xeral de Escarabote e o centro educativo. “Trátase dunha zona moi transitada e que serve de paso peonil tanto para os nenos e nenas que van camiñando ao colexio, como para os veciños da zona que acceden ao núcleo de Escarabote”, afirmou o alcalde.
A pista existente presentaba un mal estado xeral por esgotamento da vida útil do pavimento e non contaba con cunetas polas que discorrer a auga da choiva. A solución que se pretende adoptar contempla a reposición do pavimento existente nun tramo duns 70 metros lineais e dun ancho medio de 4 metros, para realizar un acabado con soleira de formigón.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.