Boiro financia a recuperación de viais que conectan núcleos do rural

25 Marzo 2023

O Concello de Boiro financia as obras para a execución do proxecto de recuperación do vial con pasos sobre o Río Lourido mediante unha subvención á comunidade de montes de Piñeiro, Montaña, Montañó e Escobias. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Urbanismo e Obras, Luís Ruiz, visitaron as obras para coñecer o seu estado de execución acompañados de membros da comunidade de montes.
O importe da subvención concedida ascende a 39.961 euros e as actuacións que se están a levar a cabo pretenden a construción de dous pasos no cauce do río para recuperar o vial e conectar entre si estes núcleos do rural.
“É unha actuación demandada dende fai moitos anos pola comunidade de montes e que permite a mellora da vertebración do territorio e destes núcleos do rural, facilitando as conexións e os servizos”, afirmou o alcalde.
Estase a traballar na construción de dúas pontes en dous puntos do cauce do río e que vai permitir recuperar viais que conectan os núcleos de Piñeiro, Montaña, Montañó e Escobias. “As subvencións nominativas aprobadas en 2022 para as comunidades de montes permiten realizar actuacións como estas, que xorde directamente das demandas e necesidades detectadas polos veciños de cada núcleo”, afirmou o concelleiro Luís Ruiz.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.