A Deputación convoca o II Certame “Fondo de proxectos culturais Reino de Galicia 2023”

20 Marzo 2023

O BOP vén de publicar as bases do II Certame “Fondo de proxectos culturais Reino de Galicia 2023”, unha das convocatorias máis exitosas da área provincial de Cultura. Trátase da convocatoria que puxo en marcha a Deputación para poñer en valor, difundir e socializar o coñecemento sobre as figuras, os lugares e os momentos dunha das etapas consideradas de maior esplendor da historia galega, e que na súa primeira edición contara cun total de 127 proxectos presentados.

O II Certame “Fondo de proxectos culturais Reino de Galicia 2023” conta cunha dotación de 200.000 euros e contempla 20 premios, de 10.000 euros cada un, e poderán presentar os seus proxectos as persoas físicas ou xurídicas con sede social permanente no territorio galego e que estean legalmente constituídas no momento de facer a solicitude como empresa, entidade de economía social ou persoa traballadora autónoma. Cada empresa, entidade de economía social ou persoa traballadora autónoma só poderá presentar unha solicitude. Esta limitación aplícase ás persoas físicas que formen parte de empresas ou entidades, de xeito que non poderán presentar máis dun proxecto.

O prazo de presentación de solicitudes abrirase coa publicación da convocatoria deste premio no BOP da Coruña, a través do Sistema Nacional de Publicación de Subvencións, e pecharase ás 14:00h do 25 de abril.

Ao igual que na anterior edición premiaranse proxectos en todo tipo de soportes e formatos: libros, discos, publicacións divulgativas, audiovisuais, espectáculos ao vivo, exposicións, congresos e xornadas, materiais de merchandising, contidos dixitais, murais e intervencións urbanas, contidos lúdicos, etc. Poderán presentarse á convocatoria proxectos que se desenvolvan entre o 1 de xaneiro de 2023 e o 31 de marzo de 2024; e non se admitirán aqueles que supoñan unha continuidade ou fases sucesivas de proxectos xa premiados na anterior convocatoria deste mesmo Certame.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.