Boiro Aberto logra o accésit aos Premios Nacionais de Comercio Interior 2019

02 Decembro 2019
Cedida pola ABE

A Asociación Boirense de Empresarios (ABE), e en concreto o seu Centro Comercial Aberto, Boiro Aberto, está de parabéns, pois vén de ser distinguido polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo co accésit aos Premios Nacionais de Comercio Interior 2019, na súa modalidade de Centros Comerciais Abertos.

Aínda que o galardón recaeu na Asociación de Comerciantes do Centro Histórico de Teruel, a ABE quedou segunda a moi pouca distancia e por diante do resto de candidaturas presentadas de toda España.

Cómpre lembrar que no 2015 xa foran merecedores dunha mención especial, constituíndo este segundo recoñecemento en menos de catro anos un premio ao labor e traxectoria da asociación e converte á ABE nunha das poucas asociacións a nivel nacional que acada dous galardóns nos premios nacionais.

Os Premios Nacionais de Comercio Interior creáronse en 1997 para  distinguir o especial labor dos concellos nas súas actividades de renovación urbana comercial, e dos pequenos comercios no seu esforzo de desenvolvemento comercial e modernización empresarial. Actualmente, estas distincións constan dunha terceira categoría, relativa ao Premio Nacional de Centros Comerciais Abertos.

Así mesmo, os referidos premios son o máximo galardón que entrega o Estado en recoñecemento ao traballo a prol do pequeno comercio, feito que supón para a ABE un enorme orgullo e distinción ao traballo realizado pola entidade desde que en 2005 se crease o CCA de Boiro.

A entrega desta mención especial realizarase o mércores 18 no salón de actos do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo situado no Paseo da Castellana, Madrid, asistindo o presidente da ABE, Daniel García, e o alcalde de Boiro, José Ramón Romero.

Ademais, desde ABE-BOIRO ABERTO CCU expresan o seu agradecemento, en primeiro lugar, ao xurado dos premios por ter valorado o seu traballo a prol do pequeno comercio de Boiro; en segundo lugar, ás xuntas directivas que contribuíron a crear e consolidar este proxecto, aos traballadores da asociación, así como ás entidades e organismos públicos, en especial, a prestada polo Concello boirense, tanto do grupo de goberno actual coma dos anteriores, que, segundo afirman, sempre apostaron polo proxecto realizando tanto achegas económicas coma prestando apoio e cobertura en tódolos actos e actividades realizadas; e, como non podía ser doutro xeito, aos socios, aos comerciantes, que “son a razón deste éxito xa que participan masivamente das nosas campañas e actividades e que son o motivo e a razón do noso traballo.”

Pola súa parte, o rexedor de Boiro, José Ramón Romero, doulle os parabéns á entidade e confirmou que acompañará ao presidente no acto de entrega en Madrid.

Outros artigos

O Ciclo Mestre Mateo leva Sirāt a Boiro, este domingo no Centro Social

Proseguen en Boiro as proxeccións do Ciclo de Cine Mestre Mateo. Este domingo 25 chegará unha nova cita co mellor cinema galego da man do director Oliver Laxe e o seu último filme Sirāt. Será ás 19.00 horas no Centro Social de Boiro. Sirāt é un filme dramático e de...

+

En Boiro, aprobados os 954.642 euros do POS+ adicional da Deputación

A Corporación do Concello de Boiro celebrou este xoves 22 de outubro o seu novo pleno ordinario, unha sesión que se puido verse novamente a través da canle municipal de Youtube e que saldou, entre outros, coa aprobación definitiva do POS+ adicional da Deputación da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.