“Andar e andar os camiños sen ninguén que me entreteña”. Antón Luaces

20 Marzo 2023

Atahualpa Yupanqui deixóunos un día o queixume dun carro -o da vida- que foi o laio permanente dunha xente e unha terra que carretaban tristuras que só o eixo dunha carrola amortecía nos camiños de pedra e barro. Era a Galicia que misturaba o lucho coa leira, o monte e o val, a carriza e a pega, o raño e o liñón, a tarrafa e a gadaña. Terrra de pan levar e mar de peixe traer para aqueles que criaban cuxos dos que non eran amos porque as vacas eran “postas”, tiñan dono que un día as comprara e as cedera en troques dun diñeiro fixo anual e unha porcentaxe no prezo do cuxo vendido na feira,

Mar e terra, terra e mar. E a voz rouca e rompida do trovador que andaba e andaba os camiños sen que ninguén o entretivera.

Mais nas toxeiras e os camiños reais, os carros “cantaban” porque o labrego xa untara o eixo do carro e a cangalla deste daba fe do esforzo que dúas vacas ao par facían para carretar o esterco ou, se cadra, o argazo que o mar arrastrara á praia e que o labrego empregaría como abono.

Terra e mar. Mar e terra.

Unha milonga: “Porque no engraso los ejes, me llaman abandonao; si a mí me gusta que suenen,¿p’a qué los quiero engrasaos?.  Es demasiado aburrido seguir y seguir la huella, demasiado largo el camino sin nada que me entretenga. No necesito silencio, yo no tengo en qué pensar; tenía pero hace tiempo, ahora ya no pienso más. Los ejes de mi carreta nunca los voy a engrasar”.

Eis os camiños de terra que nos levan ao mar, onde viraventos de aceiro  xeran electricidade que os peixes nos queren e os mariñeiros rexeitan sen máis porque tamén sen máis os queren impor do mesmo xeito que os impuxeron nos montes vendendo o feito coma un beneficio para a Galicia que se valeira de xente e onde as casas morren de pé.

Andar e andar os camiños. Milonga.

Atahualpa Yupanqui fixonos sentir, chorar, cando un avó untaba con gas o eixo mudo dun carro que pedía paso co laio de quen sabe que lle están a roubar o seuj propio ser: tiña, pero fai tempo; agora xa non penso máis.

E tampouco vai engraxar nunca máis os eixos do carro que, ao igual que as vacas e o cuxo, non son de seu: pertencen ás eólicas mariñas que sí cantan nas contas de beneficios.

Non preciso silencio, non teño en que cavilar.

Outros artigos

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

+

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.