Europe Direct A Coruña amplía os servizos da súa rede de información para a mocidade (na que participan Boiro e Lousame)

15 Marzo 2023

Europe Direct A Coruña, centro oficial de información da Comisión Europea impulsado pola Deputación da Coruña, quere que este ano sexa o da consolidación definitiva da iniciativa Europa no teu Concello. Farao coa ampliación do catálogo de servizos que se ofrecen aos concellos adheridos a esta rede para a mocidade e coa sinatura dunha carta de adhesión á mesma. Así, os concellos que forman parte da rede poderán acoller obradoiros e outras actividades de sensibilización europea ao longo do ano.

Os membros da rede contarán tamén con oportunidades de participación para a mocidade local en actividades de intercambio xuvenil e na campaña anual que o centro desenvolve en redes sociais para a difusión de iniciativas xuvenís europeas. Así mesmo, Europe Direct A Coruña ofrece os concellos apoio para iniciativas locais no marco de días e conmemoracións europeas.

Estes servizos que se incorporan en 2023 súmanse a outros de carácter xeral que se activan no momento da adhesión a Europa no teu concello e que inclúen a recepción dun expositor informativo, publicacións oficiais, materiais e boletíns semanal coas novidades de mobilidade para a xente nova, entre outros.

A rede Europa no teu concello suma 36 puntos de información para a mocidade en municipios da provincia da Coruña.

Europe Direct A Coruña, centro oficial de información da Comisión Europea da Deputación da Coruña, impulsou a posta en marcha desta iniciativa co obxectivo de crear unha rede de puntos de información directa e descentralizados para a xente nova da provincia.

A campaña continúa aberta para a adhesión de máis concellos ou centros de información xuvenil da provincia que poidan estar interesados en formar parte desta rede. Poden poñerse en contacto a través do correo electrónico europedirect@dacoruna.gal.

Os concellos que participan nesta iniciativa son: Abegondo, Ames, Ares, Boiro, Boqueixón, Cabanas, Camariñas, Cambre, Cariño, Carnota, Carral, Cedeira, Cerceda, Cerdido, Culleredo, Dumbría, Fene, Lousame, Mugardos, Narón, Negreira, O Pino, Oroso, Paderne, Padrón, Ponteceso, Pontedeume, Rois, Sada, Touro, Valdoviño, Vedra, Vimianzo e Zas.

Para información complementaria, pódese consultar a páxina web do centro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.