A Casa de Galicia acolle na sala principal a exposición “Salitre” da pintora de Muros, Amalia Costa

14 Marzo 2023

A Casa de Galicia en Madrid acolleu na tarde de onte a inauguración da exposición de Amalia Costa que leva por título “Salitre”.

A pintora, natural de Muros, deu a coñecer unha colección de 12 pezas presentadas baixo un conxunto de paneis de grandes dimensións que basean a súa forza nos seus ‘recordos’ de Muros e no mar como tema central da súa obra pictórica.

Os cadros de Amalia Costa deixan ver, tocar algas e peixes diminutos, cangrexos e cunchas; aboias, redes, barcas, ou os reflexos das ondas. Os recordos da súa infancia en Muros traen aos seus cadros os xeados despois dunha tarde de praia e a salitre que se pega ao corpo despois de bañarse no mar que tanto a atrapa.

Quere expresar sentimentos apoiándose no que coñece, no que sempre está con ela, rodeándoa; tan cerca que ás veces nin sequera reparamos niso.

Amalia Costa cursou estudos na Universidade de Santiago de Compostela. Participou na exposición itinerante da Deputación de A Coruña no ano 2010, Arte na Provincia II. Recibiu o premio Crearche na Universidade, 2016. Participou nas edicións de 2017 e 2018 na mostra de pintura PASEARTE, en Santiago de Compostela. Realizou diversas exposicións, tanto individuais como colectivas, para os concellos de Muros e A Pobra do Caramiñal.

A exposición “Salitre” poderá visitarse na sala Emilio Pardo Bazán da Casa de Galicia en Madrid ata o próximo 31 de marzo, en horario, de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Domingos e festivos: de 10 a 14 horas.

Outros artigos

O Noia Portus Apostoli, tricampión da Copa Galicia de fútbol sala

Tricampión de Galicia. O Noia Portus Apostoli volveu coroarse este 17 de maio, Día das Letras, como o auténtico rei de Galicia tras proclamarse campión da Copa Galicia por terceiro ano consecutivo. O bloque noiés, o noso único representante na máxima categoría do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O Barbanza: Cinco anos de xornalismo independente”

“O Barbanza: Cinco anos de xornalismo independente”

Hai cinco anos, en maio do 2019 nacía na súa edición dixital obarbanza.gal e uns días despois na de papel O Barbanza, sempre en galego e baixo a cobertura do Grupo Código Cero Comunicación. Dicíamos daquela que eramos un grupo de profesionais decididos a aventurarnos...