Porto do Son celebra a partir do 27 un curso de operador/a de produtos pesqueiros frescos

14 Marzo 2023

O Concello de Porto do Son vai organizar unha nova actividade formativa para fortalecer a empregabilidade e o emprendemento da veciñanza. Trátase dun curso de operador/a de produtos pesqueiros frescos, que inclúe 35 horas de formación. Poderán presentar solicitude de participación neste curso (puntuábel para o PERMEX) as persoas interesadas en xeral, tendo prioridade aquelas que figuren empadroadas no Concello de Porto do Son. Trátase dunha actividade formativa en liña e gratuíta que dará comezo o vindeiro 27 de marzo. Achéganse 25 prazas. As inscricións poden facerse a través da conta de correo maria.santos.lemina@portodoson.gal. O prazo remata este 17 de marzo ás 14.00 horas. Máis información na web municipal de Porto do Son.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.