Aprobada a posta en funcionamento dun espazo de coworking na Aula Activa do Mar rianxeira

29 Novembro 2019

Rianxo celebrou na tarde de onte o pleno ordinario correspondente ao mes de novembro, no cal foi aprobado por unanimidade o plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais do concello, polo que o documento estará en exposición pública para, posteriormente, trasladar o acordo e a documentación á Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal da Consellería de Medio Rural.

A continuación, o grupo municipal de Ciudadanos presentou unha moción para a defensa da igualdade de trato entre as parellas de feito e os matrimonios no acceso á pensión de viuvez, saíndo adiante co apoio de tódalas forzas.

Tamén se aprobou por unanimidade a posta en funcionamento dun espazo de coworking na Aula Activa do Mar, iniciativa que foi levada por Rianxo en Común. O rexedor Adolfo Muíños explicou que se elaborará un regulamento de uso e se establecerán taxas.

Outras das cuestións presentadas por parte de Rianxo en Común foi a posta en funcionamento dun Centro de Día para persoas maiores en Rianxo. O BNG solicitou que se reconvertese nunha declaración institucional, sendo aprobada por tódolos grupos da corporación.

Así mesmo, a Comunidade de Montes do Araño presentou unha moción para a declaración de Aldea Modelo a un núcleo rural do municipio, asunto que quedou sobre a mesa para estudala mellor e traballar neste eido.

Ademais, Rianxo en Común reconverteu dúas mocións en rogos: primeiramente, crear unha comisión para proceder a redactar os documentos e recadar permiso dos propietarios, así como solicitar á Administración competente a declaración do río Te como Espazo Natural de Interese Local; e, en segundo lugar, a adecuación da pista de Outeiro-Campelo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.