Lousame abre o 15 de marzo o prazo de reserva de praza no Punto de Atención á Infancia para o curso 2023-2024

09 Marzo 2023

O Concello de Lousame informa de que o período para a reserva de praza no Punto de Atención á Infancia, servizo para menores de 0 a 3 anos, estará aberto entre o próximo mércores 15 de marzo e o 15 de abril. As persoas interesadas poden dirixirse aos Servizos Sociais municipais, onde se lles facilitará a información e a documentación precisa, ou descargar a solicitude da páxina web municipal: www.concellodelousame.gal.

As familias interesadas deberán presentar copias cotexadas do libro de familia e do DNI de ambos proxenitores ou titor/a legal; certificado de convivencia e declaración do Imposto da Renda do último exercicio (ou certificado da Axencia Tributaria no caso de non tela presentado por non estar obrigado). A maiores, no seu caso poderán presentarse: copia cotexada da última nómina ou recibo de autónomos/as, certificación da situación de desemprego, copias cotexadas do título de familia numerosa, do grado de discapacidade ou de pensións (invalidez, orfandade, estranxeiro…) ou informe dos Servizos Sociais sobre a inclusión da familia en Programas de Intervención Familiar.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.