Comeza este venres a xira da campaña do 8-M da Deputación

09 Marzo 2023

É por ser muller, a campaña que vén de poñer en marcha a Área de Igualdade da Deputación da Coruña con motivo do 8-M, terá este venres 10 de marzo, nas instalacións da AC Alexandre Bóveda da Coruña, a primeira cita da súa programación. Neste mes, continuará nos concellos de Cabanas, Carballo, Betanzos e Cambre. Mentres que en abril chegará a Arzúa, Oroso e Zas.

As actividades que se levarán a cabo pretenden, entre outros obxectivos, “crear espazos de coñecemento dirixido ás traballadoras dos coidados, divulgar a normativa vixente en materia laboral neste sector, impulsar espazos de reflexión e debate arredor das desigualdades de xénero que afectan ao mercado laboral, e dar a coñecer asociacións, organizacións e espazos que loitan polos dereitos das mulleres no ámbito laboral”.

Así, na xornada deste venres na Coruña, que se desenvolverá entre as 16:30h e as 19:30h, inclúense unha palestra, un foro de diálogo e un espectáculo a cargo de AldaoLado. A palestra, baixo título Voces sobre o marco estrutural do mundo do traballo desde unha perspectiva feminista, contará con Laura Bugalho, especialista en intervención socioeducativa, sindicalista e activista trans feminista; e Antía Pérez Caramés, profesora doutora en socioloxía na UDC. Mentres, o foro de diálogo versará sobre “dereitos laborais en sectores feminizados”, e participarán Marisol Gómez do SAF de Vilagarcía e Ángeles Mille, secretaria da Asociación de Redeiras Profesionais O Fieital de Malpica representando a ANMUPESCA.

En Cabanas, a sesión terá lugar o martes 14 marzo de 18 a 20h na Casa do Concello; en Carballo será o luns 20 pola mañá no Forum Carballo; en Betanzos tamén o luns 20 na aula de servizos múltiples de Servizos Sociais pola tarde; e en Cambre o martes 28 de marzo pola tarde no centro municipal de Servizos Sociais.

A programación continúa en Arzúa o luns 17 de abril pola tarde na Capela da Madalena; en Oroso o martes 18 pola tarde no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa; e en Zas o 24 dese mesmo mes.

Convén lembrar que a campaña É por ser muller pon o foco na situación de desvantaxe que sofren as mulleres que, pola súa condición de xénero, teñen que se facer cargo do “traballo reprodutivo”, que engloba o conxunto de traballos que sosteñen a vida diaria da sociedade: o traballo doméstico, mais tamén os servizos públicos de saúde, de educación, da dependencia, do socio-comunitario, da igualdade ou do acceso á vivenda. Traballos precarizados ou non remunerados e que constitúen unha das grandes fendas de desigualdade por causa de xénero.

Outros artigos

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.