A antiga comisaría de Ribeira dá novos pasos para a súa anexión ao Colexio O Grupo

08 Marzo 2023

O vello inmóbel da comisaría da Policía Nacional en Ribeira, na rúa Miguel Rodríguez Bautista, recibiu este mércores 8 de marzo a visita de representantes do Concello de Ribeira, da Concellería de Educación e do Colexio O Grupo, co obxectivo de afondar en posíbeis xeitos de ampliar o centro educativo ribeirense empregando o edificio anexo cedido á Xunta (a antiga comisaría, cuxos efectivos foron trasladados ás novas instalacións do barrio de Fontán, no Touro).

Na visita participaron o alcalde Manuel Ruiz, o xefe territorial de Educación, Indalecio Cabana; o xefe de servizo da unidade técnica, Adolfo Villaverde; e máis a directora do Grupo, Nieves Lampón.

A accións prioritarias máis demandadas polo Grupo, con 429 alumnos a día de hoxe, teñen que ver coa necesidade de dispoñer dun espazo para psicomotrocidade, despachos axeitados para o persoal e a ampliación da biblioteca escolar, o cal podería resultar factíbel nunha primeira fase das obras de remodelación que se centrarían na primeira planta do edificio, ademais de afectar a unha parte do propio O Grupo.

A tal efecto, a intención sería acometer as obras pertinentes durante este verán de tal xeito que puidesen estar listas no próximo curso 2023-2024. O Concello amosou a súa disposición a colaborar e axudar a resolver as carencias de espazo que posúe a día de hoxe o colexio ribeirense.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.