Barbanza acolle un novo curso de mercadotecnia dixital de Paideia, a Deputación, a EOI e Deloa

07 Marzo 2023

A comarca do Barbanza acolle este 2023 unha nova edición dun programa formativo que capacita ás persoas asistentes nos novos formatos, canles e vertentes da mercadotecnia e da publicidade, un ámbito de acción de gran interese para todas as empresas de calquera sector. Estamos a falar do curso Marketing Dixital. Empregabilidade e Cooperativismo, iniciativa conxunta da Fundación Paideia a Deputación da Coruña, a EOI (Escola de Organización Industrial) e Deloa. Os detalles da nova edición foron dados a coñecer este martes 7 de marzo en Boiro, con motivo da súa posta en marcha. O deputado de Emprego, José Ramón Rioboo, e o alcalde Boiro, José Ramón Romero, participaron na xornada inaugural, no Centro Social de Boiro.

Este programa formativo organizado pola Fundación Paideia Galiza xunto a Escola de Organización Industrial, a Deputación da Coruña e a Asociación de Desenvolvemento Local Deloa está dirixido a menores de 30 anos en situación de desemprego. Levarase a cabo de modo presencial entre os meses de febreiro e xuño e poderá realizarse en calquera das 3 edicións que se celebrarán de forma simultánea nos concellos ou agrupacións de concellos da provincia, a saber, Coruña, Boiro-Noia-Outes-Lousame, e Rianxo-Dodro-Rois.

Ademais de recibir máis de 200 horas de formación, as persoas participantes poderán gozar da experiencia de pasar unha semana noutra cidade de España coñecendo empresas e casos de éxito no sector da mercadotecnia dixital e o cooperativismo.

A participación neste programa formativo é totalmente gratuíta e contará con recoñecidos/as profesionais ds ditos ámbitos, referentes tanto a nivel galego como nacional. As clases grupais levaranse a cabo de modo presencial e realizaranse titorías individualizadas e grupais para o desenvolvemento de proxectos de cooperativismo no sector da mercadotecnia tecnolóxica. Ademais, as persoas participantes contarán co asesoramento da consultora Ernst & Young para o desenvolvemento dos seus proxectos cooperativistas.

Durante a mañá deste 7 de marzo celebrouse ademais unha formación económico-financeira impartida polo asesor en emprendemento Brais Pérez Gómez á que asistiron as persoas participantes inscritas nesta edición; a presentación da cooperativa gañadora da primeira edición, Kracia; e unha rolda de intervencións na que o deputado da área de emprego da Deputación destacou que “esta asociación estratéxica con Paideia, coa que vimos colaborando desde hai anos, e coa EOI vainos permitir ofrecer á mocidade novas oportunidades formativas e laborais nun eido de gran proxección de futuro, como é o do marketing dixital”.

Outros artigos

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.