Porto do Son celebra o 8-M con teatro, proxeccións e formación

07 Marzo 2023

O Concello de Porto do Son vai celebrar este 8 de marzo (8-M), Dia Internacional da Muller, cun completo programa de actividades que terán repercusión a nivel presencial (con teatro, proxeccións audiovisuais e accións formativas) e tamén nas redes. A axenda témola dispoñíbel no Facebook do Concello.

-5 de marzo. A pasada finde representouse na Casa da Cultura de Porto do son a comedia negra (moi violeta) Feminíssimas da compañía De Ste Xeito.

-8 de marzo. Este mércores 8 de marzo publicarase nas redes sociais o manifesto polo 8-M elaborado polo Concello. Ademais, a Casa da Cultura de Porto do Son acollerá a proxección (ás 11.45 horas) de Mulleres e Igualdade. Participará alumnado de primeiro e segundo da ESO do IES de Porto do Son. Tamén estará presente Pilar Porral, directora e guionista da obra, dando a coñecer os detalles deste documental interxeracional sobre seis mulleres lucenses e as contas pendentes en igualdade

-Mes de marzo. No mes de marzo desenvólvese no concello un curso de operadora de carretilla elevadora dirixido a mulleres do concello de Porto do Son. Ten unha duración de 16 horas e ofrece 15 horas de formación. Este curso convocouse para seguir impulsando a igualdade en sectores e en postos de traballo onde segue a haber sobrepresenza masculina.

Este mes de marzo tamén se celebra un curso de manipuladora de alimentos, dirixido mulleres do concello de Porto do Son. Ten unha duración de 4 horas e inclúe 15 prazas dispoñíbeis.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.