Verdegaia apoia a manifestación o 4 de marzo en Noia contra os vertidos da mina de San Finx

02 Marzo 2023

Verdegaia emitiu un comunicado no que plasma publicamente o seu apoio á manifestación do sábado 4 de Marzo, ás 11 da mañá na Alameda de Noia, contra as verteduras da balsa de aguga da Mina de San Finx. “Sumámonos á convocatoria realizada polo sector do mar na ría de Muros-Noia co apoio de confrarías de pescadores e mariscadores e outras organizacións do sector, xa que, xunto con outras organizacións ecoloxistas e sociais, vimos denunciando en reiteradas ocasións a situación da balsa de residuos mineiros da Mina de San Finx coa perigosidade que os materiais alí depositados poidan ter para o ambiente en caso de ser vertidos á ría”.

Critican tamén a autorización emitida por Augas de Galicia a favor da empresa Tungsten San Finx de cara ao baleirado dun total de 889.885 metros cúbicos de “augas residuais depuradas” ao río Pesqueiras, o tamén coñecido como rego das Rabaceiras, cuxa corrente acaba chegando á ría de Muros e Noia. “Trátase das augas acumuladas na mina de volframio de San Finx en Vilacova (Lousame), que a empresa quere poder volver explotar”, explica Verdegaia, engadindo que “estes vertidos afectarán ao val fluvial e acabarán no mar de xeito irremediábel”. Segundo fan saber, “os ecoloxistas denunciamos xa desde hai tempo o estado das balsas no que o material depositado é perigoso para a saúde humana e ambiental, e denunciamos tamén o estado de deterioro no que as balsas se atopan sendo necesario unha intervención inmediata nas mesmas, o que nunca debe implicar a liberación do seu contido ao ambiente”. E conclúen: “É preciso drenar as balsas e tratar correctamente os materiais alí depositados como debe especificar no plan de recuperación mineira que a administración ten que aprobar para conceder os permisos de explotación”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.