Medio cento de veciños asisten en Ribeira á VI edición do Ciclo Camiños de Coñecemento da USC

02 Marzo 2023

Medio cento de veciñas e veciños de Ribeira están a participar estes días na sexta edición do ciclo de conferencias Camiños de Coñecemento e Experiencia, unha iniciativa que recala por sexta vez no municipio da man da Universidade de Santiago e que está destinada a persoas maiores de 50 anos coa intención de estender o quefacer universitario a esta franxa de poboación.

Este mércores 1 de marzo pola tarde tivo lugar no Centro Cultural Lustres Rivas a apertura do programa, nun acto que contou coa participación da concelleira de Educación, Juana Brión; da directora do IV Ciclo da USC, Esther Olveira; e máis de Nieves Rodríguez Solar, socióloga e xerontóloga social encargada de impartir o primeiro dos seminarios baixo o título Idadismo: desterrando prexuízos, o cal prolongouse pola tarde cunha sesión práctica de 18.30 a 20 horas..

O ciclo prolongarase os días 8, 9, 15 e 16 de marzo, sempre en horario de 18.30 a 20.00:

08/03/2023 18:30-20:00h
Seminario: A importancia de ver ben en todas as etapas da vida.
Mª Jesús Giráldez Fernández. dra. en Óptica e Optometría.
Mª Covadonga Vázquez Sánchez. dra. en Óptica e Optometría.
Carlos García Resúa. dr. en Óptica e Optometría.
Docentes do Programa Universitario de Maiores, da USC

09/03/2023 18:30-20:00h
Sesión práctica: A importancia de ver ben en todas as etapas da vida.
Mª Jesús Giráldez Fernández. dra. en Óptica e Optometría.

Mª Covadonga Vázquez Sánchez. dra. en Óptica e Optometría.
Carlos García Resúa. dr. en Óptica e Optometría.
Docentes do Programa Universitario de Maiores, da USC

15/03/2023 18:30-20:00h
Seminario: Moda, arte e historia: unha lectura diferente do patrimonio galego.
Mónica Rey Cabezudo, dra. en Historia del Arte. Colaboradora do Programa
Universitario para Maiores, IV Ciclo da USC

16/03/2023 18:30-20:00h
Visita ao Castro da Cidá.
Mónica Rey Cabezudo, Dra. en Historia da Arte., colaboradora do Programa Universitario para Maiores, IV CICLO da USC.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.