Comezan en Ribeira as obras destinadas a renovar a envolvente térmica do Conservatorio Enrique Paisal

20 Febreiro 2023

O Concello de Ribeira informou este luns 20 de febreiro do arranque dos traballos dirixidos á renovación da envolvente térmica do Conservatorio Profesional de Música (Conservatorio Enrique Paisal) coa finalidade de mellorar a eficiencia enerxética do edificio.

A actuación está enmarcada na EDUSI Máis Ribeira Atlántica 2020 co-financiada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) dentro do Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE) 2014-2020 e adscrita á liña de actuación Mellora da eficiencia enerxética de infraestruturas públicas.

A execución das obras (nestes momentos estase cos labores preliminares) vai ser realizada pola empresa Obras y Viales de Galicia, S.L., tras resultar adxudicataria no proceso de licitación, cunha oferta económica de 570.420,00 euros, IVE incluído.

De acordo co proxecto técnico elaborado, vanse efectuar os seguintes traballos:

• Retirada de todas as carpinterías existentes, preparación e adaptación de ocos de fachada para colocación de novas carpinterías con vidros illantes.

• Retirada dos revestimentos de mármore existentes das fachadas, demolición das pilastras entre xanelas, e substitución por un sistema de fachada ventilada con illamento e panel de cemento tipo Swisspearl.

• Limpeza e saneado de fachada e achega de illamento e SATE.

• Limpeza e saneado de forxado de cuberta, instalación de illamento e substitución da cuberta de chapa existente.

• Substitución da caldeira existente por unha nova de gas e reforma da sala de caldeiras en soto para adaptación ás novas instalacións necesarias.

• Reparación de humidades interiores.

O prazo de execución son cinco meses.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.