O Programa de ocio educativo “Día da Xuventude” terá como próximas paradas Muros, Bande e Santa Comba

16 Febreiro 2023

O programa de ocio educativo `Día da Xuventude’ da Xunta de Galicia chegará mañá a Muros, o sábado celebrarase en Bande e o domingo desenvolverase en Santa Comba. Estas son as próximas paradas
desta iniciativa que recalará nunha trintena de concellos ata o vindeiro mes de abril. A través deste programa, ofrécese ás mozas e mozos un amplo abano de actividades gratuítas, como obradoiros dinámicos de cociña saudable, de grafitti ou sobre igualdade de xénero, ademais de actividades relacionadas coa protección do medio ambiente e a empregabilidade. As diferentes propostas lúdicas e formativas comezan ás 16:00 horas e se prolongan ata as 21.00 horas, e inclúen unha actuación musical a cargo de artistas ou grupos locais.
En canto ao lugar de celebración, maña en Muros será no curro da Praza. O sábado o escenario do ‘Día da Xuventude’ será a praza da Constitución de Bande e o domingo o emprazamento escollido é o mercado do gando do recinto feiral de Santa Comba.
Toda esta programación non só achegará o ocio e a formación á xuventude galega, senón tamén favorece á conciliación da vida familiar e laboral. Cómpre recordar que o Día da Xuventude ponse en marcha ao abeiro do Plan Corresponsables, do Ministerio de Igualdade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.