Turismo da Deputación da Coruña destina 1.800.000 euros á mellora da calidade e competitividade do sector en 2023

10 Febreiro 2023

O Boletín Oficial da Provincia da Coruña vén de publicar a convocatoria do programa de subvencións dirixido a entes de xestión, asociacións, mancomunidades e consorcios turísticos para a mellora da calidade, competitividade e actividades turísticas da provincia da Coruña en 2023. O departamento provincial de Turismo investirá este exercicio 1.800.000 de euros, cunha achega máxima de 150.000 euros por beneficiario. O prazo de presentación de solicitudes remata o 28 de febreiro.

Entre os criterios de valoración están o número total de prazas de aloxamento en establecementos, a poboación residente no territorio, os festexos declarados de interese turístico galego ou estatal que se desenvolvan no ámbito do proxecto ou o emprego da lingua galega nas actividades.

«Desde a área de Turismo da Deputación da Coruña traballamos man a man cos entes de xestión para a promoción dos distintos xeodestinos con liñas de actuación conxuntas que aproveiten os recursos para a promoción dos distintos destinos da provincia», sinala o vicepresidente provincial, Xosé Regueira, para quen a colaboración co sector é fundamental para traballar conxuntamente.

En 2022 foron case unha vintena as entidades que recibiron estas axudas da Deputación; entre elas, a Asociación de Concellos do Camiño Inglés,  a Asociación para a xestion do Xeoparque do Cabo Ortegal, a Asociación Profesional de Empresarios do Camiño de Santiago a Fisterra-Muxía, a Asociación de Desenvolvemento Rural As Mariñas-Betanzos ou a Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas.

Tanto as solicitudes como o resto da tramitación desta convocatoria realizarase por vía telemática a través da plataforma SUBTEL, accesible desde a sede electrónica da Deputación.

As bases da convocatoria están publicadas no Boletín Oficial da Provincia do 2 de febreiro e pódense consultar e descargar na seguinte ligazón: bit.ly/3Idwkvv

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Y la nave va” – Tonio Nóvoa

“Y la nave va” – Tonio Nóvoa

VIERNES. Vengo de una niña escapada de la escuela en la mañana de un viernes cualquiera. De una niña con un cartel de cartón. Vengo de una frase pequeña: “los adultos están jodiendo esto.” Nadie imaginó que esa calma terca cruzaría un océano agitando las olas, que una...