Boiro acolle o vindeiro sábado a Gala Ciclismo Galego

09 Febreiro 2023

Boiro acolle o vindeiro sábado día 11 de febreiro ás 20.00 horas a Gala do Ciclismo Galego que se vai celebrar na Casa da Cultura. O alcalde, José Ramón Romero; a concelleira de Deportes, Dores Torrado; e o secretario da Federación Galga de Ciclismo, David Carrillo, realizaron a presentación do evento.
A Gala Ciclismo Galego, organizada pola Federación Ciclismo Galego, versará sobre o recoñecemento dos fitos sobranceiros e aos mellores ciclistas da última tempada. A Federación entregará os premios correspondentes aos rankings de Ciclocross, Estrada e das especialidade de BTT, así como as distincións ás corredoras e aos corredores que obtiveron postos de podio nos Campionatos de España e nas xerais das copas estatais.
Premiaranse tamén aos gañadores e gañadoras da Copa Galicia do Cross Country Maratón (XCM), un acto que tivo que ser adiado. Os demais homenaxeados da gala serán distinguidos coas Mencións Especiais . “Habrá 27 menciones especiales que reconocesn a personas que llevan toda la vida
en el ciclismo, apoyando a los clubs…”, afirmou o secretario da Federación.
Pola súa parte a concelleira de Deportes, Dores Torrado, fixo mención ao potencial do ciclismo no noso municipio xa que “os clubs e os deportistas non paran de medrar ano a ano… e tamén con persoas referentes no mundo do ciclismo e na promoción do deporte de base”.
O alcalde, José Ramón Romero, convidou á veciñanza a participar o vindeiro sábado nesta gala e resaltou o traballo do goberno en promover o ciclismo como deporte e “tamén como unha forma de mobilidade sostible, polo que seguimos aumentando os quilómetros de carril bici no termo municipal”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.