O Centro de Saúde de Rianxo aplica un plan para garantir que todos os usuarios dispoñan dun médico

09 Febreiro 2023

O Centro de Saúde de Rianxo pertencente á Área Sanitaria de Santiago e Barbanza aplica dende hoxe as medidas retributivas e de mellora no seo do Plan de Ordenación de Recursos Humanos de Atención
Primaria.
Esta reordenación garante que os usuarios dun cupo sen facultativo asignado dispoñan dun novo médico cun horario de atención ampliado. Pretende, con isto, garantir a “lonxitudinalidade” da atención primaria e fíxose posible grazas á vontade dos médicos de familia do centro de Rianxo.
O acordo pactado na mesa sectorial de negociación do persoal estatutario, entre a administración sanitaria e as organizacións sindicais, recolle que cando, por indispoñibilidade de persoal médico de familia, non sexa posible a cobertura dunha praza vacante cun nomeamento interino, poderanse distribuír as cartillas asignadas a esta praza entre o persoal que acepte un incremento de cupo.
Para a atención deste incremento, máximo de 300 cartillas, establécese unha prestación adicional de xornada de 4 horas e media á semana e unha retribución anual de 12.000 euros ao ano ou parte proporcional. Hai case 4 millóns de euros nos orzamentos deste ano para financiar esta medida.
Ven sumarse a outras xa adoptadas pola Xunta de Galicia dentro das súa competencias como o incremento do 10% nos orzamentos deste ano para o programa de formacións sanitaria especializada que financiará a maior oferta até o momento: 65 prazas máis para formar médicos de familia ata chegar ás 207, máis do dobre das 88 que se ofertaban en 2009.
Por outra banda, onte mesmo, o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, anunciaba que se ofrecerá un contrato estable de 3 anos para todos os residentes de medicina de familia tan pronto rematen a súa especialidade.
Ademais, tamén informou que este mesmo mes de febreiro se convocarán máis de 400 prazas fixas sen oposición para lugares de difícil cobertura, o que permitirá cubrir postos de médicos de familia, pediatras de atención primaria, facultativos en hospitais comarcais e profesionais da saúde mental.
Outra das medidas dadas a coñecer onte no eido da mellora da atención primaria é a de garantir axendas de 33 citas comúns, de 10 minutos cada unha e 7 espazos reservados para as urxencias para os facultativos dos centros de saúde. En caso de exceder estas cifras de xeito continuado permitirase a prolongación das xornadas a cambio dunha remuneración adicional.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...