En Ribeira, máis premios á fidelidade co comercio local nos Días Azuis, no Arcos Café e na campaña de San Valentín

08 Febreiro 2023

A Asociación de Empresarios de Ribeira compartiu con nós e cos lectores os detalles de varias actividades que puxo en marcha no concello ou nas que colabora, actividades que teñen o nexo común de dinamizar o comercio local, mostrar os beneficios de mercar en clave de proximidade e premiar a fidelidade da veciñanza cos seus establecementos.

En primeiro lugar, a patronal informou da entrega do premio da campaña Días Azuis do Comercio Galego (Federación Galega de Comercio), que foi entregado este mércores 8 de febreiro e que consistiu nunha tarxeta de 250 euros para gastar, neste caso, nos establecementos ribeirenses. A persoa agraciada foi Lara Ouviña, quen recibiu o galardón de mans do presidente da asociación empresarial, Francisco Martínez Gude, e da responsábel do comercio Trastiños (Verónica), que foi onde se realizou a compra que resultou finalmente premiada.

Ademais, a patronal informou do inicio dunha campaña no Arcos Café (no 2 da rúa da Feira), este mes de febreiro, cuxo propietario está levando a cabo entre un sorteo de 500 euros (cinco vales de 100 euros) entre os seus clientes, para seren gastados nos comercios asociados da patronal. A asociación que preside Francisco Martínez Gude agradeceu publicamente esta importante iniciativa de impulso comercial.

Para rematar, os empresarios de Ribeira van conmemorar o Día de San Valentín (este 14 de febreiro) con dúas ceas para dúas persoas a través dos tíckets de compras realizadas do 3 ao 14 de febreiro nos establecementos asociados que se rexistren na web da patronal (www.empresariosriveira.com). As ceas terán lugar nun dos negocios hostaleiros asociados que elixan as persoas premiadas. Cada cea está valorada en 100€.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.