Detido un muradán tras roubar nunha tenda

30 Xaneiro 2023

Hai uns dias un veciño foi detido como presunto autor dun delito de roubo. Foi o xerente dunha tenda de alimentación o que chamaba á Garda Civil para denunciar o roubo. Os axentes de Outes acodían, comprobando que a porta do local fora violentada, e que a caixa rexistradora fóra manipulada.

A poucos metros da tenda estaba o caixón da caixa rexistradora, danado e con manchas de sangue, ademais de moitas moedas esparexidas polo chan.

Os axentes continuaron a busca e pouco despois atoparon un individuo, que coincidía co perfil da denuncia, que estaba sangrando pola cabeza. Identificárono e o levaron ao PAC para atender a ferida. Foi despois cando lle preguntaron a esas horas da madrugada polas rúas. Ante as incoherentes respostas, os axentes acompañárono ao seu vehículo, onde o rexistraron atopando máis sangue, e unha carteira coa súa documentación que, segundo a súa versión, lle sustraeran durante unha suposta pelexa.

Os axentes detivérono como supuesto autor dun roubo.

Muros

Outros artigos

Ambar mobilízase na comarca do Barbanza polo 25N

No Concello de Boiro Con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, a asociación inclusiva da nosa comarca Ambar desenvolveu unha ampla axenda de actividades na comarca do Barbanza co obxectivo de sensibilizar á cidadanía, previr as...

+

Muros ergue a voz contra a violencia machista

Na mañá de hoxe, a veciñanza, o Concello, a Corporación Municipal e o tecido asociativo de Muros volveron erguer a voz contra a violencia machista cunha concentración con motivo do 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Fixérono no...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión