O alumnado do IV Ciclo da Universidade de Santiago de Compostela na súa sede de Ribeira sumouse aos actos no mes de Castelao, a través dos cales o Concello rianxeiro, co apoio doutras entidades, celebra o Día da Ilustración cadrando coa data do seu nacemento en 1886. Os estudantes procedentes de Ribeira tiveron ocasión de percorre as rúas de Rianxo, vila natal do autor, e estudar a súa obra.
Na visita, cunha trintena de participantes, estiveron acompañados pola profesora e escritora Ánxela Gracián, que durante o primeiro cuadrimestre do curso tiveron como profesora de literatura.




