A Deputación inviste 3,6 millóns para crear 500 empregos nos concellos da provincia (na nosa comarca, 470.000 euros)

20 Xaneiro 2023

A Deputación da Coruña inviste este ano 3,6 millóns de euros para crear emprego nos 93 concellos da provincia. Faino a través dunha nova convocatoria do programa PEL-Concellos, unha das liñas do seu consolidado Plan de Emprego Local (PEL), que este ano destinará máis de 12,8 millóns de euros á creación de emprego tanto no sector público coma no privado. Dos ditos 3,6 millóns, 470.00 irán dar á nosa comarca (O Barbanza) e á súa contorna máis próxima.

Segundo lembrou o presidente provincial, Valentín González, a liña PEL-Concellos “permitirá que os 93 concellos coruñeses poidan contratar durante un ano a persoas desempregadas para a prestación de servizos municipais tan imprescindíbeis como a limpeza viaria, o mantemento da iluminación pública, a recollida e o tratamento de residuos, o abastecemento de auga para consumo e as redes de sumidoiros, as melloras nos accesos aos núcleos de poboación, a pavimentación das vías públicas, o mantemento de parques e xardíns, a protección da salubridade pública ou o mantemento e vixilancia dos centros públicos de ensino, entre outros”.

O presidente da Deputación afirmou que o PEL “é o maior programa de emprego impulsado por unha administración local en Galicia” e subliñou o “carácter social” desta liña do PEL para concellos, engadindo que a creación de emprego e a protección social dos colectivos máis desfavorecidos son “os dous obxectivos principais do Goberno provincial co obxectivo de impulsar a recuperación económica de forma xusta, apoiando aos colectivos que máis o necesitan”.

Facendo balance, dixo que o ano pasado, PEL-Concellos permitiu crear preto de 500 empregos nos 93 concellos da provincia e deu unha oportunidade laboral a máis de 3.300 persoas desde a súa creación en 2016.

Formoso anunciou que, a finais de xaneiro, a Deputación convocará as liñas do PEL-2023 destinadas a apoiar a creación de emprego no sector privado, financiando ata o 80% dos custos das novas contratacións, así como os investimentos das PEMES e as liñas de apoio aos autónomos, que estarán dotadas con 7.654.000 euros.

As bases reguladoras do programa PEL-Concellos poden consultarse na ligazón específica do BOP.

Estas son as cantidades que lles corresponden a cada un dos concellos de Barbanza e a súa contorna:

-Boiro

52.000,00 €

-Carnota

37.000,00 €

-Lousame

28.000,00 €

-Mazaricos

31.000,00 €

-Muros

46.000,00

-Noia

49.000,00

-Outes

37.000,00 €

-Pobra do Caramiñal, A

46.000,00 €

-Porto do Son

43.000,00 €

-Ribeira

52.000,00 €

-Rianxo

49.000,00 €

Ademais, Dodro recibirá 31.000,00 € e Rois 37.000,00 €.

Outros artigos

“Recordar o 93 e seguir o Camiño”. Luís Celeiro

En Mérida, onde a finais do século sexto xa había un xenodochium, un albergue de acollida easistencia para as multitudes que visitaban a tumba de Santa Olalla. Os historiadores e entendidosdin que foi o primeiro refuxio para peregrinos documentado en Hispania. E alí,...

+

“España, triste y conmocionada”. José Castro López

Una encuesta reciente de IMOP-Insights pregunta por el estado de ánimo ciudadano yrevela que la tristeza es la emoción predominante entre los españoles ante una situaciónpolítica convulsa. “Una España entristecida, desengañada y hastiada de sus dirigentespolíticos”,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Servizos públicos de calidade” – José Manuel Pena

“Servizos públicos de calidade” – José Manuel Pena

Unha gran parte de cidadáns, responsables e comprometidos, déronse conta de que se está privatizando a sanidade, a educación ou a dependencia, piares fundamentais de calquera país moderno e democrático. A usura e a corrupción de moitos gobernantes poñen de manifesto...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.