Este luns recalará en Muros o patrulleiro Tabarca da Armada

22 Xaneiro 2023

Este luns pola tarde o patrulleiro “Tabarca (P-28)” da Armada ten previsto facer escala no porto de Muros, farao ata a mañá do mércores.

Os interesados en coñecer o barco poderán visitalo durante a xornada do martes, xa que permanecerá aberto ao público de 10.00 a 13.00 e de 15.30 a 18.00. As visitas abarcarán un percorrido polo buque, durante o cal se poderá coñecer os equipos e as capacidades do patrulleiro, así como á súa dotación e a forma de vida a bordo. Esta parada ten lugar dentro da patrulla de Vixilancia e Seguridade Marítima que o buque está a realizar en augas do litoral galego.

Outros artigos

Ambar mobilízase na comarca do Barbanza polo 25N

No Concello de Boiro Con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, a asociación inclusiva da nosa comarca Ambar desenvolveu unha ampla axenda de actividades na comarca do Barbanza co obxectivo de sensibilizar á cidadanía, previr as...

+

Muros ergue a voz contra a violencia machista

Na mañá de hoxe, a veciñanza, o Concello, a Corporación Municipal e o tecido asociativo de Muros volveron erguer a voz contra a violencia machista cunha concentración con motivo do 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Fixérono no...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión