En Ribeira comezaron as obras da rúa Sidreiras e a vía transversal

17 Xaneiro 2023

O Concello de Ribeira informou de que a instalación da rede de pluviais para a rúa Sidreiras e a súa vía transversal deu comezo este martes 17 de xaneiro. A obra ten o obxectivo de recoller as augas superficiais e conducilas mediante dúas tubaxes cara un rego existente na contorna e cara a rede xeral situada na avenida da Coruña xa que, “cada vez que chove con certa intensidade discorre pola superficie da vía gran cantidade de auga que dificulta o tránsito pola vía e afecta ás vivendas próximas”, engadiron fontes do Consistorio.

Tamén fixeron saber que nun primeiro ramal que descorre pola rúa Sidreiras e a súa transversal vaise instalar unha tubaxe de polipropileno de 80 centímetros de diámetro, en tanto que nun segundo ramal da rúa Sidreiras colocarase outro de PVC de 40 centímetros de diámetro.

A actuación foi adxudicada a Construcciones Anspal e o prazo de execución é de dous meses.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.