O alumnado do Obradoiro de Emprego Tahume VIII (Ribeira) elabora almorzos solidarios para persoas en risco

17 Xaneiro 2023

O alumnado da especialidade da especialidade de cociña do Obradoiro de Emprego Tahume VIII comezou esta terceira semana de xaneiro a desenvolver unha nova acción creativa, colaborativa e social, consistente na elaboración de almorzos solidarios destinados a persoas en risco de exclusión.

portada

Trátase dun proxecto executado en colaboración coa entidade ICE Renovación en virtude do cal os asistentes á escola de cociña situada no segundo andar do Mercado Municipal realizan uns menús destinados aos usuarios das instalacións que a citada organización benéfica ten na rúa Cervantes de Ribeira.

En total, estamos a falar de doce almorzos que comprenden un primeiro prato, un segundo prato e unha sobremesa (postre).

A acción prolongarase ata o remate do obradoiro de emprego no mes do outubro deste ano.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.