O persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 encargouse de trasladar aos feridos ao centro hospitalario de referencia.
Un particular testemuña do accidente chamaba ao 112 Galicia ás 7:45 horas desta mañá, e indicaba que un vehículo acababa de colidir contra un poste de formigón situado no quilómetro 47 da AC-550. Ademais, engadía que os dous ocupantes atopábanse accesibles.
Desde o 112 deuse aviso aos servizos sanitarios, ao GES de Muros, á Garda Civil de Tráfico, así como a Protección Civil de Muros e aos servizos de mantemento das estradas.
Finalmente, o persoal sanitario encargouse de trasladar a ambos implicados ao centro hospitalario en ambulancia.




