A aplicación informática Sergas Móbil pon en marcha unha nova prestación que permite á cidadanía chamar ao 061 e xeolocalizar a chamada

14 Xaneiro 2023

A aplicación do Servizo Galego de Saúde, Sergas Móbil, acaba de poñer en marcha unha nova prestación que permite á cidadanía chamar ao 061 cando se teña unha emerxencia sanitaria. A nova ferramenta tamén posibilita xeolocalizar a chamada, o que fai que o equipo do 061 axilice a localización do lugar exacto dende onde se realizou a mesma. O Sergas segue, pois, a traballar para ofrecer a toda a cidadanía galega as ferramentas posibles para facer máis doado o acceso á Sanidade.

Coa aplicación Sergas Móbil, os usuarios poden acceder dun xeito áxil e rápido aos diferentes trámites que precisen realizar, como poden ser a xestión das súas citas médicas; localizar o itinerario máis curto para chegar ao seu centro de saúde; o emprazamento da súa consulta dentro do centro sanitario; solicitar a súa quenda desde o móbil sen achegarse a ningún mostrador; ou ser atendido na súa propia casa por medio dunha videoconsulta, cando non sexa precisa a atención presencial.

Entre as características de Sergas Móbil destacan as melloras implementadas nos niveis de usabilidade e navegabilidade. Ademais da súa capacidade para integrar dentro da mesma plataforma outras aplicacións dixitais desenvolvidas polo Sergas, como son os casos de Telea (Telasistencia Domiciliaria), ou o portal É-Saúde, mediante o que se pode acceder á historia clínica, aos informes de laboratorio, á medicación activa de cada paciente ou aos resultados das diferentes probas realizadas no sistema público de saúde galego.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.