Xosé A. Neira Cruz e Carlos Mosteiro unidos por un premio literario

22 Novembro 2019

A Pobra do Caramiñal é un municipio que dinamiza e pon en valor a cultura. Proba disto é a cantidade de actividades que se desenvolven. Así, o Auditorio do Museo Valle-Inclán acolleu na tarde de onte a entrega do II Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro, que este ano, recaeu no escritor Xosé A. Neira Cruz por O enigma do baúl pechado. Unha decisión tomada por unanimidade por parte do xurado composto pola escritora e gañadora da anterior edición, Patricia Mallo; a vogal da Asociación Cultural Barbantia, Pilar Sampedro; e o director xeral da Editorial Galaxia, Francisco Castro. O premio consiste na publicación da obra por parte de Galaxia na súa colección Árbore e 1.500 euros para o gañador.

A vertente musical do acto -organizado polo Concello, a Editorial Galaxia e a Asociación Cultural Barbantia- correu a cargo da Escola de Música da Pobra do Caramiñal. Seguidamente, Pilar Sampedro ofreceu unha conferencia sobre a narrativa de Carlos Mosteiro, centrándose principalmente en catro das súas obras: Unha bruxa ben rara, O día que Miguel Induráin pasou por Gonderande, Manual de instrucións para querer a Irene e Ese unicornio rosa. Dúas novelas infantís, unha xuvenil e un libro de relatos que estiveron expostos ao longo de todo o evento, pois “os libros de Carlos é necesario que estean sobre a mesa. Hoxe porque estou falando eu deles, pero creo que sempre que se celebra este premio, deberían aparecer os libros del aquí porque, xustamente, o premio ten lugar porque os seus libros están.” Sampedro manifestou que “cando falamos de Carlos Mosteiro, o primeiro que temos que dicir del é que é un autor de literatura infantil e xuvenil, e que ese é un xénero escolleito por el. El decide escribir para os pequenos”, engadindo que a súa obra adscríbese ao realismo cotiá (a escola, os amigos, as relacións familiares…) cun interior moi imaxinativo e con algúns toques de marabilloso ou de misterioso.

A continuación interveu Francisco Castro, quen expresou o “doado” que resultou botar a andar a referida distinción por parte do Concello, A. C. Barbantia e Editorial Galaxia. Aproveitou a ocasión para destacar o labor que desenvolve a citada asociación cultural e anunciou que a presentación do libro gañador deste ano terá lugar no mes de febreiro ou marzo, contando con ilustracións de Patricia Castelao. Tamén ratificou que non houbo dúbidas respecto a que o texto de Xosé A. Neira Cruz era merecedor do premio.  

Na súa intervención, Isabel Santos afirmou que “Carlos estaría orgullosísimo de que o seu nome se mesturase con literatura e xente nova”, procedendo despois á lectura da acta na que se salienta “a fermosura da linguaxe poética” que emprega o autor na obra galardoada, “malia tratarse a temática dunha cuestión dura e difícil como son as dificultades que moitas veces teñen as persoas inmigrantes para se integrar entre nós, tanto dende o punto de vista social como cultural.”

Pola súa parte, a concelleira de Cultura, Patricia Lojo, exerceu de condutora do acto e fíxolle entrega do premio ao gañador, precisando que O enigma do baúl pechado “trátase dunha obra que entronca coa literatura galega, de realismo máxico, abordando un amplo abano de temas que van dende a amizade ata o multiculturalismo, pasando polo poder das palabras e pola relación interxeneracional entre nenos e nenas cos seus avós e as súas avoas.”

O propio autor quixo expresar o seu agradecemento e indicou que foi o editor do libro O día que Miguel Induráin pasou por Gonderande, de Carlos Mosteiro, subliñando que lle quedou o pouso “dun home bo e era algo que se transmitía, simplemente, mirándolle aos ollos”, constituíndo unha honra vencellar o seu nome ao de Mosteiro.

Ademais, Julia Gema Fernández Pla, responsable do obradoiro impartido o ano pasado sobre ilustracións da obra de Mosteiro, fíxolle entrega a Lourdes Briones, muller do escritor que da nome a este certame literario, dun obsequio consistente nunha carpeta coa ilustración.

Outros artigos

Na Pobra, o Museo Valle-Inclán acolle a maqueta do Santa Isabel

Este venres, día 18 de setembro, tivo lugar na Sala de Iconografía do Museo Valle-Inclán a rolda de prensa para presentar a nova exposición temporal da maqueta do buque Santa Isabel, afundido o 2 de xaneiro de 1921 nas costas de Sálvora (Aguiño), e que poderá...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.