Mantense activo o Plan Especial de Risco por Inundacións ante a suba do caudal nalgúns ríos

30 Decembro 2022

As constantes borrascas rexistradas na comunidade galega nos últimos días son a causa pola cal a Xunta mantén activo o Plan Especial de Risco por Inundación ante a suba do caudal nalgúns ríos.

Actualmente, os leitos que están baixo vixilancia son o río Deva, ao seu paso por As Regadas (Pontevedra), o río Tea, ao seu paso por Mondariz, Ponteareas e Bouza do Viso (Pontevedra), o río Oitaven, en Soutomaior (Pontevedra), o río Avia, en Ribadavia (Ourense), o río Arnoia, en Baños de Molgas (Ourense) e tamén a estación do Lérez.

Segundo a información recibida a través dos sistemas de control e seguimento, ao superar os limiares establecidos, estes cursos están a presentar un crecemento significativo dos caudais, polo que poden producirse  enchentes puntuais.

Unha vez máis, volvemos a recordar á poboación a necesidade de incrementar a precaución, principalmente nas estradas e vías secundarias próximas de pontes ou torrentes pois a suba repentina do caudal pode provocar dificultades na circulación.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.