
A Casa da Cultura de Boiro dará acollida este venres 16 de decembro ao espectáculo A Casa das Cancións da compañía amateur Mimarte de Ribeira. Trátase dunha proposta musical inspirada, en palabras das súas creadoras, “nas mulleres valentes e apoderadas que fan unha introspección en si mesmas”. A cita será na Casa da Cultura ás 20.00 horas. Segundo explican dende Mimarte, “A Casa das Canción é un mini-musical interpretado por unha compañía amateur que demostrou que, con ilusión e traballo duro, os soños se poden facer realidade”. E engaden: “Somos persoas con traballos normais, con rutinas de coidar e atender no seu día a día pero con unha única inquietude clara como motor do corazón, as artes escénicas”. O espectáculo estreouse este verán, en xullo, con gran éxito de público. Podemos ver máis información sobre as sucesivas representacións e as vindeiras datas no Facebook de Mimarte.



