“Mellor local, mellor galego”, campaña do BNG para apoiar ao comercio ribeirense

10 Decembro 2022

O BNG ribeirense iniciou este sábado a campaña de apoio ao comercio local baixo o lema “Mellor local, mellor galego” coa que procura concienciar á poboación sobre a importancia de realizar as compras nos negocios da localidade.

O portavoz Luís Pérez Barral, acompañado de militantes da localidade, fai un chamamento a consumir no comercio de proximidade nestas datas de grandes compras porque “consumir produtos galegos, xera riqueza e emprego e reforza o comercio sustentable”. Barral considera que consumindo nos negocios locais favorécese a dinamización económica da nosa contorna, axúdase a persoas próximas e obtéñense produtos a bo prezo e de calidade.

Propostas en positivo para o comercio

Os nacionalistas incidiron na necesidade de seguir impulsando este sector gravemente afectado pola inflación e a crise de prezos. Barral puxo en valor que este ano se reedite o bono comercio por ser unha iniciativa proposta polo BNG co aval do sector comercial. “Cando propuxemos esta medida na Asociación de Empresarios e no Concello todos a viron positiva por iso este ano haberá máis persoas beneficiarias, o que permitirá xerar un impacto económico positivo no comercio e hostalaría de Ribeira e axudará a moitas familias a afrontar os gastos do Nadal”.

Os nacionalistas mostraron a súa alegría porque, segundo din, “o ano pasado recibimos moitos comentarios positivos por termos impulsado unha medida como esta, agardamos que esta edición teña igual ou mellor acollida”.

A campaña de apoio ao comercio local do BNG inclúe outras propostas como a necesidade de promover unha nova Lei do comercio local para regular horarios ou tempadas de rebaixas porque “a lexislación do Partido Popular está feita á medida dos grandes”.

Por último, desde o Bloque reclaman axudas para dixitalización e creación de emprego estable así como a idoneidade de crear un selo de calidade que identifique a orixe dos produtos pesqueiros, marisqueiros e da horta que favorezan a súa comercialización.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.