Limpeza nas áreas de interese arqueolóxico de Rianxo

05 Decembro 2022

O concello de Rianxo, en cumprimento do protocolo aprobado por Patrimonio da Xunta de Galicia, está a acometer limpezas das zonas de maior interese arqueolóxico do Concello. Un protocolo coordinado por arqueólogos da empresa Tempos Arqueolóxicos abrangue tres anos e procura manter visitábeis as áreas sobre as que actúa, a vez que tamén axudará na prevención de incendios. As zonas nas que se actuará son de Comunidades de Montes de Asados, Leiro, Isorna e Burés, ademais dunha privada como os Mouchos. Os Campiños, Monte Pelotiño, Monte Picouto ou A Foxa Vella son os espazos sinalados que inclúen mámoas, petróglifos, principalmente nos que se realizan traballos manuais de desbroce para deixar despexados os accesos e a visión das pezas patrimoniais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.