A Pobra reivindica a relevancia literaria de Victoriano García Martí

04 Decembro 2022

O Concello da Pobra do Caramiñal reivindica novamente (logo dunha tempada, a deste e o anterior, de intensas celebracións culturais, sociais e históricas) o legado dun dos veciños máis ilustres: o escritor e xornalista Victoriano García Martí. A cuarta edición do ciclo en homenaxe a este fillo predilecto da localidade iniciouse no 2 de decembro coa conferencia O cabaleiro da Pobra e unha reveladora novela, con Esperanza Mariño Davila, quen afondou máis na traxectoria do intelectual.

O eido literario desenvolveuse na xornada seguinte, día 3, coa presentación da edición facsimilar El emigrante (1931), posterior á ofrenda floral na praza García Martí e á ruada polo núcleo urbano.

A concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), ratificou o compromiso da Administración local de promover e colaborar con actos que contribúan, dixo, “a outorgar a Victoriano o lugar que merece no panorama cultural”.

Pola súa parte, o relator, Xesús Laíño Briones-Arén, manifestou que “recuperar a súa obra é a mellor homenaxe que se lle pode facer a un autor”. De feito, é o terceiro libro que se reedita do escritor pobrense ao abeiro deste ciclo despois de Don Severo Carballo. Del alma gallega (1917) e La tragedia del caballero de Santiago (1925).

O texto publicouse orixinalmente na colección La Novela de Hoy, nunha época na que a novela curta gozaba dun maior auxe e reflicte “un dos grandes problemas de Galicia dende mediados do século XIX”. As persoas asistentes recibiron como agasallo cadanseu exemplar.

Outros artigos

Esther Piñeiro presenta en Noia o seu libro poemas “Sempre Lela”

A autora Esther Piñeiro presentará en Noia Sempre Lela, publicado pola editorial local Toxosoutos. A cita será este venres 25 de setembro ás 20.30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos. Trátase, segundo avanza o Concello de Noia nas redes, dun pequeno...

+

Muros acolle o martes 22 unha xornada sobre accesibilidade cultural

O Centro Cultural e Xuvenil de Muros acollerá o vindeiro martes 22 de setembro, en horario de 10:00 a 14:00 horas, a xornada Cultura para todas, unha iniciativa promovida pola área de Cultura da Deputación da Coruña no marco do programa A Cultura é un Dereito. A...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.