Un incendio en Ribeira rematou con cuantiosos danos materiais na madrugada de hoxe. Foron os bombeiros deste concello coruñés os que chamaron ao 112 para informar duns colectores ardendo, á altura do número 23 da Rúa da Barreira, a petición da Policía Local.
Malia a que ninguén resultou ferido, finalmente, tres contedores do lixo remataron completamente calcinados e as fachadas de dous edificios lindeiros tamén resultaron afectadas polo fume. De feito, nun deles foi necesaria a intervención dos bombeiros para ventilar un garaxe de pequenas dimensións e tamén o oco das escaleiras.
Os feitos tiveron lugar ás 05:00 horas e, afortunadamente, non foi necesario desaloxar aos habitantes mentres duraron as tarefas de extinción.




