Clausurouse o II Obradoiro de Gravado da Fundación Museo de Artes do Gravado, en colaboración co concello de Rianxo. No mesmo formáronse no curso de iniciación ás técnicas de gravado e elaboraron imaxes que formarán parte da exposición que se realizará proximamente no Concello de Rianxo.
Na imaxes o mestre de gravado, Pepe Míguez, o concellereiro de Rianxo Tobías Betanzos, o director do Museo do Gravado de Artes (Ribeira), Pastor Rodríguez, a representante dos alumnos/as Consuelo Vázquez Carril e a tenente de alcalde de Rianxo Mari Carmen Figueira.




