Máis de 700 persoas sentan á mesa no Xantar de Confraternidade da Pobra

02 Decembro 2022

O Concello da Pobra do Caramiñal celebra neste mediodía o Xantar de Confraternidade coa
participación de máis de 700 comensais procedentes de distintos municipios. Un evento festivo dirixido ás persoas maiores de 60 anos que regresa á localidade trala paréntese ocasionada pola pandemia e que ten como punto de encontro o polideportivo municipal de Venecia.
Trécola foi caldeando o ambiente con música tradicional durante a recepción das persoas asistentes, a quen lles deu a benvida a concelleira dos Servizos Municipais, Estefanía Ramos (Nós Pobra), que se referiu ao público congregado como un exemplo a seguir que fixo posible o benestar social e que, en moitos casos, constitúe o sostén das súas respectivas familias.
No nome da Consellería de Política Social, o xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, ratificou o compromiso da Xunta de Galicia coas persoas maiores e en seguir achegándolles servizos de calidade.
Tamén se pronunciou o alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra), quen lles trasladou o desexo de que desfruten dunha xornada exclusiva para eles/as e con especial significado despois de tanto tempo.
Unha vez concluídas as intervencións, soou o himno galego para dar paso ao xantar cun menú composto por dous mariscos, peixe, carne, sobremesa, café e bebidas variadas.
Posteriormente, realizarase un sorteo de agasallos cortesía de Gadis e o baile da tarde virá marcado por Puzzle, poñendo así o broche de ouro a un xantar de distensión e para estreitar lazos.

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, participou tamén hoxe no Xantar de Confraternidade para persoas maiores que organiza o Concello da Pobra do Caramiñal no Polideportivo Municipal de Venecia.

Perfecto Rodríguez enxalzou o papel destes encontros que permiten ás persoas maiores unha xornada de lecer e divertimento. Neste sentido, recordou o compromiso da Xunta de Galicia co envellecemento activo e animou aos presentes a participar nalgúns dos programas do Goberno galego como o Xuntos polo Nadal ou programa de Benestar en Balnearios.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.