Ana Pontón e Adolfo Muíños arroupan en Rianxo ao novo candidato á alcaldía local polo BNG: Xusto Ordóñez

29 Novembro 2022

A portavoz nacional, Ana Pontón, e Adolfo Muíños, o actual rexedor, participaron este martes 29 en Rianxo na presentación de quen vai toma o relevo como candidato á alcaldía nas vindeiras eleccións municipais, Xusto Ordóñez. O aínda mandatario, Adolfo Muíños, decidiu dar este paso por “motivos persoais”, pechando un ciclo de dezaseis anos de intenso traballo político, doce deles como alcalde, que “teñen logrado unha auténtica transformación en positivo do concello de Rianxo”, sinalou Pontón, quen aproveitou o acto para trasladar o agradecemento do BNG.

“Quero expresar todo o meu afecto, admiración e agradecemento a Adolfo Muíños pola súa dedicación ao longo destes anos, sabendo que fixo canto puido e máis para defender Rianxo e a súa veciñanza, un exemplo de honestidade, boa xestión dos recursos públicos e de capacidade para mellorar a vida das persoas, que foi capaz de darlle dinamismo económico e social a un concello que logrou un auténtico avance e transformación”, explicou Pontón, salientando fitos concretos como “a defensa dos servizos públicos”, “o impulso económico coa posta en marcha de novas industrias dentro do parque empresarial”, “a recuperación do patrimonio”, “a decidida aposta pola lingua e a cultura na terra de Castelao, Dieste ou Manuel Antonio” ou “o impulso ás parroquias do rural. Pontón tamén puxo en valor os novos equipamentos subministrados ao rural, como a recuperación de nove escolas unitarias, a actuación en materia de vivenda protexida rehabilitando as vellas escolas de mestres ou o saneamento das contas públicas “nun concello que tiña a maior débeda por habitante de todo o Estado cando o BNG tomou o liderado do Goberno local”, dixo, engadindo que “todos estes logros a favor da veciñanza, pese a ter na Xunta un goberno a contra, viñeron da man de Muíños e do seu equipo”.

Pontón indicou que “o BNG respecta a decisión de Adolfo Muíños” e destacou que “non é unha despedida” pois que seguirá traballando directamente co BNG de Rianxo, “dando o relevo con todas as garantías de ter unha organización forte e co seu total apoio ao novo cabeza de lista, Xusto Ordoñez, Tito”. Respecto deste último Pontón sinalou que “ten a ilusión, a enerxía e a paixón que se necesita para gobernar Rianxo, é un gran candidato e será un gran alcalde porque posúe experiencia de goberno, coñece o concello, coñece o seu tecido económico e social, ten ideas e moitas ganas de seguir mellorando a vida deste municipio continuando co proxecto que representa o BNG”.

E engadiu: “Tito ama Rianxo e a súa xente, confía no potencial deste concello, ten ideas para seguir impulsando os servizos públicos, para impulsar a economía local, mellorando a vida da xente e desde ese amor e confianza nas posibilidades de Rianxo temos por todo por ganar, damos un novo impulso para revalidar á alcaldía desde o apoio reforzado da veciñanza”.

No mesmo sentido foi a valoración de Muíños sobre o candidato: “Unha persoa decente, honrada, que dá o paso adiante e co arroupe do BNG e da militancia será capaz de seguir desenvolvemento un proxecto pensado para as persoas e tamén en clave de país. Conta con toda a miña colaboración”, proclamou.

Pola súa parte, Ordóñez destacou o traballo feito polo actual Goberno municipal, do que forma parte como concelleiro de Deportes, e manifestou o seu compromiso de seguir cun proxecto político a favor da veciñanza.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.