ADISBISMUR celebrou en Outes os seus 40 anos de traballo incansábel pola inclusión

29 Novembro 2022

A asociación ADISBISMUR (Asociación de Persoas con Discapacidade da Bisbarra de Muros) celebrou o seu 40 aniversario o pasado venres 25 na Casa da Cultura de Outes. Fíxoo acompañada por unhas duascentas persoas.

A rexedora muradá, Inés Monteagudo, felicitando o labor da asociación

No evento participou a extensa familia da ADISBISMUR (persoas usuarias, familiares, colaboradoras, veciñanza en xeral) e máis os alcaldes de Carnota (Juan Manuel Saborido), Muros (Inés Monteagudo), Mazaricos (Juan José Blanco Riveiro) e Outes (Manuel González), amais do director xeral de Persoas con Discapacidade da Xunta de Galicia (Fernando González Abeijón), a deputada de Benestar Social e Educación da Deputación de A Coruña (Ana Lamas), e representantes do movemento asociativo da discapacidade de COGAMI (entre os que se atopa o seu presidente, o sonense Anxo Queiruga).

Anxo Queiruga na súa intervención

Constante superación de barreiras

“No ano 1982 un pequeno grupo de persoas con discapacidade, asociouse para buscar unha mellora na calidade de vida e 40 anos despois, estamos aquí as persoas traballadoras, directivas e usuarias, amais das familias, para celebrar que estas melloras son cada vez mais grandes”, sinalaron dende a asociación, engadindo que “estas catro décadas foron anos de constante superación de barreiras” até chegar “ao que somos hoxe, unha entidade sen ánimo de lucro que dá cabida a arredor de 50 persoas usuarias, axudándoas e aprendendo delas no día a día”. Foi, engadiron facendo balance da xornada,”un día máxico, emotivo, onde contamos vellas anécdotas e plasmamos o vivido o longo destes 40 anos”.

Dende a asociación quixeron dar as grazas aos alcaldes dos concellos da  comarca, á deputada de Benestar da Deputación da Coruña, ao director xeral de Política Social, ao presidente da COGAMI, Anxo Queiruga, e aos presidentes/as das asociacións do sector.

O equipo de ADISBISMUR tamén fixo mención especial ás persoas usuarias da entidade, que son “o motivo polo que levamos traballando durante 40 anos”. Tamén agradeceu o apoio das familias “que nos acompañaron nesta andaina”, e das voluntarias e voluntarios que colaboraron para “que esta celebración se levara a cabo”.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.