O Concello de Ribeira informou de que foron convocadas as axudas destinadas a entidades sen ánimo de lucro pertencentes á liña de acción social do municipio. En concreto os beneficiarios desta subvención son as asociacións de maiores radicadas no termo municipal de Ribeira que desenvolvan: proxectos, actividades e servizos para a dinamización, a participación social e a mellora da calidade de vida das persoas maiores e persoas con diversidade funcional; accións de promoción de estilos de vida saudábel; e accións e programas como cursos, viaxes culturais, talleres, celebración e conmemoración de festas tradicionais, etc.
A contía que se destina ascende a un total de 5.000 euros. O prazo para presentar solicitudes é dun mes contado a partir deste martes 29 de novembro.
Máis información no boletín provincial.



