Interceptado un condutor en Rianxo con drogas e armas brancas

15 Novembro 2019

A Policía Local de Rianxo levou a cabo esta semana unha incautación de drogas, armas e instrumentos para a preparación e distribución de doses de estupefacientes. A intervención levouse a cabo na mañá deste mércores 13 de novembro, no transcurso dun operativo contra a venda e o consumo de drogas. Durante este operativo, foi interceptado un vehículo no que se puideron intervir tres doses de heroína dispostas para o seu consumo, así como tamén unha báscula de precisión, diversos útiles e dúas armas brancas.
A Policía Local de Rianxo engadiu que o condutor foi sometido a un test de drogas dando resultado positivo, procedéndose á inmobilización do vehículo e á instrución das dilixencias e denuncias oportunas.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.