O BNG de Ribeira, disposto a desbloquear “temas concretos beneficiosos para o concello”, pero rexeita aprobar as contas do PP

25 Novembro 2022

A asemblea local do BNG emitiu un comunicado no que rexeita aprobar os Orzamentos de 2022 de Ribeira tralo ofrecemento do rexedor, Manuel Ruiz, a pactar as mesmas contas pero co que consideran dende a agrupación “unhas ínfimas modificacións”.

Segundo a formación nacionalista, “Ruiz ofreceuse a negociar unicamente unha pequena parte dos Orzamentos de 2022 que non chega nin a 1,5 millóns dunhas contas que din ascender a 32,9 millóns de euros”. En palabras do responsábel local do grupo, Xabier Vidal, “o rexedor ofreceunos negociar as migallas e iso o BNG non o vai aceptar porque ademais queren seguir aplicando as mesmas políticas fracasadas que non resolven as demandas sociais”.

Desde o BNG explican que “non facilitarán a aprobación” das que denominan “contas da mentira e do incumprimento” porque “manteñen paralizadas obras que levan anos prometéndose como os centros sociais de Carreira e Corrubedo, seguen dilapidando cartos en obras que disparan o seu prezo como o auditorio mentres falta mantemento e prevén aumentar os impostos á veciñanza recadando 4,7 millóns de euros por auga, lixo, saneamento e sumidoiros cando ás grandes eléctricas e telefónicas tan só lles cobrarían 280.000 euros por todo o espazo público que utilizan”.

Pola súa banda, o portavoz do BNG, Luís Pérez Barral, explicou que “a asemblea local chegou ao acordo de tender a man para desbloquear certos temas fundamentais para Ribeira como a redución do tarifazo do saneamento, garantir as axudas económicas a entidades deportivas e culturais, ampliar o servizo de axuda no fogar, mellorar as condicións laborais dos empregados públicos, rematar os centros sociais de Carreira e Corrubedo ou materializar proxectos que levan paralizados anos como o club de remo, nova biblioteca, estudo do trazado alternativo da circunvalación e rescate do aparcadoiro do Centenario por poñer algúns exemplos”.

Sobre as críticas do rexedor, Pérez Barral, dixo que “Ruiz trata de botar as culpas á oposición porque a situación na que se deixa a Ribeira xorde pola irresponsabilidade do Goberno local de tirar para diante sen escoitar a ninguén”. O líder nacionalista asegura que o BNG vai seguir traballando en positivo polo ben da veciñanza. “Hoxe seguimos dicíndolle non a eses orzamentos do Partido Popular porque chegan tarde e non dan resposta ás demandas sociais pero dicímoslle si a Ribeira e prometémoslle á veciñanza estar á altura para desbloquear todos aqueles proxectos beneficiosos que permitan avanzar e construír unha Ribeira en grande”, concluíu Barral.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.